A Policía Local imparte xornadas de seguridade viaria nas que participan máis de 800 alumnos dos tres colexios
A iniciativa realízase no marco do Plan Local de Infancia e Adolescencia. Os nenos reciben formación sobre sinalización viaria, realizan os circuítos e coñecen os vehículos e material a disposición dos efectivos da Policía Local.

