O Concello suspende a rega nas zonas verde públicas e o servizo de duchas na praia de Caión
As medidas tómanse ante a activación por parte de Augas de Galicia da prealerta por escaseza de auga no sistema de explotación do río Anllóns. Tamén queda prohibida a limpeza dos vehículos particulares e o enchido das piscinas.