Comeza a execución das obras de humanización da rúa José Manuel Ferreira Penedo
Priorizarase aos peóns sobre o tránsito rodado ampliando as beirarrúas e establecendo o sentido único da circulación dos vehículos. A intervención está valorada en 100.000 euros e dará continuidade a obras de simulares características realizadas noutras rúas do núcleo urbano da Laracha.