O Sergas soamente aboará 1.041 € en concepto de ICIO polo proxecto de ampliación do centro médico da Laracha
O Pleno acordou declarar de especial interese a obra por tratarse dunha actuación promovida por unha administración pública para a implantación de servizos públicos de interese comunitario, o que permitirá que o seu promotor poida beneficiarse dunha bonificación do 95% no ICIO.

