A Xunta de Goberno adxudicará o luns a obra de construción do viveiro de empresas no polígono industrial
O proxecto contempla a creación dun edificio de planta baixa e de máis de cincocentos metros cadrados de superficie no que serán habilitados catro despachos e catro naves industriais con accesos independentes.

