• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Últimas novas sobre o Concello da Laracha

  • O VICEPRESIDENTE DA XUNTA, ALFONSO RUEDA, VISITOU O CONCELLO DA LARACHA

    Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, e Marta Fernández Tapias, directora xeral de Administración Local, visitaron hoxe o Concello da Laracha, onde se reuniuron cunha ampla representación do goberno local encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela.

  • O CONCELLO INVESTIRÁ 90.000 EUROS NA CAMPAÑA ANUAL DE DESBROCE

    O Boletín Oficial da Provincial (BOP) da Coruña publica hoxe o anuncio do Concello da Laracha para a contratación dos traballos de roza mecanizada e manual na rede viaria e nas parcelas de titularidade municipal. A partir de mañá as empresas interesadas en formar parte do procedemento terán un prazo de quince días natural para presentar as súas propostas (ata o mércores 17 de maio).

  • EN MARCHA AS OBRAS DE RENOVACIÓN DA PRAZA DO CONCELLO

    As obras de renovación da Praza do Concello están en marcha desde hoxe. Tal e como fora consensuado polo goberno local e a empresa contratista -Innova Profesional Desarrollos, S.L.U.- os traballos comezaron a executarse esta mañá, despois da Semana Santa e da ponte do 1 de maio, co propósito de causar á veciñanza as mínimas molestias posibles para unha obra destas características.

  • O CONCELLO AMPLÍA O PARQUE INFANTIL DA ÍNSÚA, XUNTO AO COLEXIO DE CAIÓN

    O Concello da Laracha vén de acometer unha actuación dirixida a aumentar en 21 metros cadrados a superficie deste parque infantil. No ámbito foron instalados novos xogos adaptados para ser empregados por bebés e nenos de ata cinco anos de idade. Ademais, foi colocado o pavimento de caucho en todo o ámbito para unha mellor seguridade dos usuarios.

  • O CONCELLO ACOMETE UNHA AMPLA ACTUACIÓN DE MANTEMENTO NO PASEO FLUVIAL DO RÍO ANLLÓNS

    O paseo fluvial do río Anllóns é unha das zonas de maior riqueza natural e paisaxística do termo municipal da Laracha. Especialmente durante a primavera e o verán, este lugar é moi transitado tanto por veciños como por visitantes para disfrutar do entorno no que se sitúa como, tamén, para practicar exercicio, xa que o seu percorrido supera os dous quilómetros e medio de distancia entre a área recreativa de Gabenlle e O Formigueiro.

  • ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL DA LARACHA

    Despois das excelentes experiencias dos últimos veráns, o Concello da Laracha volverá organizar, por cuarto ano consecutivo, un campo de traballo internacional, iniciativa que se levará a cabo na primeira quincena do mes de agosto coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.