O concello organiza un programa xuvenil a desenvolver nas Fragas do Eume centrado na posta en valor da natureza a través das novas tecnoloxías
A iniciativa vai dirixida a mozos de idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, que poderán anotarse de xeito gratuíto no Concello ata o 6 de setembro. As prazas dispoñibles serán outorgadas por estrita orde de inscrición.

