A ocupación do parque empresarial da Laracha alcanza o 65% trala venda doutros 43.000 m2 de superficie
Ademais desta gran operación, nos últimos días tamén foron vendidas a outras dúas empresas sendas parcelas de 675 m2 de superficie cada unha.
Ademais desta gran operación, nos últimos días tamén foron vendidas a outras dúas empresas sendas parcelas de 675 m2 de superficie cada unha.
As novas características da web foron presentadas polo alcalde, José Manuel López Varela, e os técnicos do proxecto nun acto público desenvolvido na Casa da Cultura da Laracha.
Os quince premios outorgados polo xurado serán entregados aos gañadores nun acto que se desenvolverá o venres da próxima semana (21 de decembro) a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura da Laracha. Consistirán en xogos e en material educativo adaptado ás idades de cada un dos premiados.
Terá unha duración de nove meses, nos que dez alumnos traballadores participarán na especialidade de pintura industrial en construción e outros dez farano no módulo de traballos de carpintería e moble.
Así foi comunicado polo Secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, e a Subdirectora de construcións e equipamentos, María Jesús López, ao alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e á edil de Educación, Patricia Bello.
A sesión comezou coa lectura por parte do alcalde, José Manuel López Varela, dunha declaración institucional consensuada polos grupos políticos presentes en rexeitamento da violencia de xénero e en apoio ás vítimas desta lacra social, tanto ás mulleres como aos seus familiares, fillos e fillas. A continuación gardouse un minuto de silencio en mostra de recordo e respecto ás corenta e cinco mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano en España.
O Programa Harmoniza larachés -relacionado coa axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar- resultou distinguido na categoría de “Campañas efectivas dirixidas á mellora do benestar da infancia e a adolescencia”.
Na reunión da Mesa de Contratación tamén se procedeu á apertura dos sobres coas quince ofertas económicas presentadas polas empresas que aspiran á adxudicación do contrato de mellora da rede viaria nas parroquias de Erboedo, Torás, Lemaio e Vilaño.
Tamén se repartiron os premios da segunda edición do concurso fotográfico A Laracha enfoca a igualdade. O domingo, no derbi entre o Laracha C.F. e a U.D. Paiosaco, porase o broche á campaña O deporte do Concello da Laracha. Non á violencia de xénero.
Desde o Concello da Laracha agradecemos á veciñanza a súa implicación nesta novidosa iniciativa que permitiu que as persoas empadroadas no municipio fosen partícipes cos seus votos na toma de decisións nesta cuestión que é de competencia municipal.
A principal novidade deste ano será o desenvolvemento da campaña O deporte da Laracha. Non á violencia de xénero. Baixo a organización do Concello, todos os clubs deportivos das diferentes disciplinas e as escolas deportivas municipais serán partícipes desta iniciativa dirixida a visibilizar o pleno rexeitamento da violencia de xénero e a promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Inclúe a colocación dun revestimento no teito para mellorar as condicións térmicas e sonoras, a renovación da iluminación, o repintado de toda a estancia e a mellora tanto do vestíbulo da entrada como do canón das escaleiras. A continuación será equipada co correspondente mobiliario.