AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE SUBVENCIÓNS DA XUNTA PARA O COMERCIO

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE SUBVENCIÓNS DA XUNTA PARA O COMERCIO

No Doga do 13 de maio a Consellería de economía, emprego e industria publica a  ORDE do 8 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 30 de xaneiro de 2020 na que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código do procedemento CO300C).

En virtude da mencionada Resolución amplíase o prazo de presentación de solicitudes de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal e procédese á súa convocatoria para o ano 2020 (código do procedemento CO300C) ata o 29 de maio de 2020.

Pode consultar a doga no seguinte

ENLACE

Compartir