APROBADAS MEDIDAS EN MATERIA DE EMPREGO AGRARIO

APROBADAS MEDIDAS EN MATERIA DE EMPREGO AGRARIO

REAL DECRETO LEI 13/2020 DE 7 DE ABRIL

ENLACE 

Permitirase contratar no campo a inmigrantes e desempregados que seguirán cobrando prestación

 

OBXECTO:

 

Favorecer a contratación temporal de traballadores no sector agrario mediante o establecemento de medidas extraordinarias de flexibilización do emprego, necesarias para asegurar o mantemento da actividade agraria, durante a vixencia do estado de alarma, sendo de aplicación temporal (ata o 30 de xuño de 2020).

 

CARACTERÍSTICAS: COMPATIBILIDADE DAS PRESTACIÓNS LABORAIS

 

As retribucións que se perciban pola actividade laboral que se desempeñen ao amparo das medidas extraordinarias deste real decreto serán compatibles con:

  • Co subsidio por desemprego regulado no Real Decreto 5/1997, de 10 de xaneiro, polo que se regula o subsidio por desemprego a favor dos traballadores eventuais incluidos no Réximen Especial Agrario da Seguridade Social, ou coa  renda agraria regulada no Real Decreto 426/2003, de 11 de abril, polo que se regula a renda agraria para os traballadores eventuais incluidos en el Réximen Especial Agrario da Seguridade Social residentes nas Comunidades Autónomas de Andalucía e Extremadura.
  • Coas prestacións por desemprego derivadas da suspensión por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, con arreglo ao previsto no  artigo 47 do texto refundido do Estatuto de los Traballadores.
  • Con calquera  outra prestación  por desemprego reguladas no título III do texto refundido da lei  xeral  da Seguridade Social.
  • Con calquera outra prestación de carácter económico ou cualquera  outro beneficio ou axuda social, otorgada por calquera Administración que sexa incompatible co traballo
  • Quedan excluidos e non poderán compatibilizar as tarefas do campo coas  prestación  sociais os afectados por un ERTE e os que cobren a prestación extraordinaria por cese de actividade

 

Compartir