Probas para a obtención do certificado de lingua galega: niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Probas para a obtención do certificado de lingua galega: niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Obxecto

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020.

Datas de realización das probas .

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2020. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis .

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

A quen vai dirixido?

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Prazo

Prazo de presentación:

13/03/2020 - 03/04/2020

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Pode consultar a orden no seguinte 

ENLACE

 

Compartir