Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e de expansión do sector comercial e artesanal.

Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e de expansión do sector comercial e artesanal.

Obxecto

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal.

Actuacións subvencionables .

1. Dixitalización comercial:

Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.

a) A implantación e actualización de páxinas web

b) Introdución de ferramentas de márketing 4.0: instrumentos de xeolocalización ou big data centrados na conectividade e na predición de padróns de consumo, publicidade en medios dixitais e ferramentas de realidade aumentada, que ofrezan experiencias reais e interactivas ao consumidor, como produtos 3D ou probadores virtuais e chatbots ou instrumentos similares que guíen o cliente no proceso de compra.

c) Pulo á mellora da imaxe dixital

d) Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager) cun máximo de 11 meses.

e) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa

2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídas nun proxecto de decoración e interiorismo.

Só para comerciantes retallistas.

a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.

b) Adquisición de moblaxe destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

d) Actuacións conxuntas dun mínimo de tres establecementos comerciais contiguos para dotar de homoxeneidade estética a imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa comercial.

e) Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración.

4. Participación ou posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up.

En concreto, considéranse gastos subvencionables:

a) O alugamento do local, espazo ou contedor da tenda efémera (máximo dúas mensualidades).

b) O acondicionamento da superficie de exposición e venda.

c) A adquisición ou alugamento de moblaxe ou equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

d) O transporte de mercadoría.

e) Publicidade e promoción da tenda efémera pop up.

 

5. Proxectos de posta en marcha de concept stores.

 

6. A adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal:

Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.

Considéranse actuacións subvencionables a adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser, en todo caso, de primeiro uso; en concreto de:

Maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal e que melloren o deseño e a calidade do produto final

Prazo

22/02/2020 - 23/03/2020

 

 

 

Compartir