Convocatorias de axudas ao emprego autónomo da Xunta de Galicia
A seguir indicamos as convocatorias publicadas así como enlaces para a descarga das bases correspondentes:
- ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento TR358A).
- ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono nova oportunidade das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341T).
- ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341S).
- ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras, que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341R).
- ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341Q).
- ORDE do 30 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedementos TR341D e TR349F).