PROGRAMA EU MERCO NA LARACHA
O concello da Laracha pon en marcha a terceira edición do programa "Eu merco na Laracha",co obxectivo de impulsar a actividade comercial local.
O obxectivo do programa é o fortalecemento dos sectores comercial, hostaleiro, taxis, cultural, educativo, salóns de peiteados e outros tratamentos de beleza municipais, a través dos Bonos “Eu merco na Laracha”.
A iniciativa consiste nunha campaña de bonos que se porán a disposición dos cidadáns para que poidan utilizalos nos establecementos adheridos.
O formato de presentación será unha chequeira por valor de 30 euros con 3 cheques “bonos” por valor de 10 euros cada un.
Os establecementos e negocios que desexen adherirse ao programa de Bonos “Eu merco na Laracha”, deberán facelo mediante o formulario (anexo I) creado para este fin, a través da páxina web: www.eumerconalaracha.alaracha.gal ou de forma presencial na planta baixa do Edificio administrativo.
Pódense consultar as bases e a información completa sobre o programa,así como inscribirse na páxina web, dispoñible no seguinte enlace: https://eumerconalaracha.alaracha.gal/