CONVOCATORIA SELECCIÓN DE PERSOAL: 5 PEÓNS DE LIMPEZA DE PRAIAS
O concello da Laracha convoca o proceso selectivo para aseleción de 5 peón de limpeza de praias,dentro do Programa de limpeza de praias marítimas durante a tempada de verán
Procedemento: concurso-oposición.
Características do posto:
Posto: Peón de limpeza de praias
Tipo de relación: laboral temporal
Grupo: X
Titulación exixida: certificado de escolaridade ou equivalente
Nivel de Celga requirido: Celga 1
Período de contratación: 89 días
Xornada: 30h semanais
Retribución mensual bruta: 1.105,06 € (pagas extras incluídas)
Período de proba: 1 mes
As funcións e tarefas a desempeñar serán as de a limpeza e mantemento dos areais da praia de Caión, ás súas instalacións para mantelas en perfecto estado para o uso por parte dos bañistas, así como as vías, rúas e xardíns de acceso, debendo empregar diferentes ferramentas e equipos de limpeza e mantemento.
A continuación , pódense consultar as bases do dito proceso selectivo: Bases 5 peóns de limpeza de praias
Tanto as bases como calquera outra nova relacionada con este proceso selectivo serán publicadas no taboleiro electrónico da sede electrónica municipal https://sede.alaracha.gal/ e na sección de últimos avisos da páxina do concello da Laracha.