FORMACIÓN DIXITAL: COMPETENCIAS DIXITAIS INTERMEDIAS (COMDIX) 25/04/2025 Oferta formativa A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia oferta novos cursos gratuítos dirixidos a todos os públicos para mellorar as competencias dixitais en temas como: Resolver de maneira máis sinxela os teus trámites coa Administración Pública. Aprender a crear e xestionar as túas redes sociais. Coñecer tecnoloxías emerxentes como a Intelixencia Artificial. Aumentar as túas oportunidades profesionais. Ademais, obterás un Diploma acreditativo emitido pola Xunta de Galicia e a formación necesaria para conseguir o ComDix Intermedio. Inscríbete gratis a través da páxina web de #FormaciónDixital: https://tinyurl.com/ev8ptnks