PROBAS PARA A OBTENCIÓN DA NOVA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX)

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DA NOVA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca máis de 2.600 prazas para obter a nova certificación galega de competencias dixitais

Son as primeiras probas para a cidadanía do Marco galego de competencias Dixitais no nivel de Iniciación
 
Haberá dous turnos de avaliación, unha a finais de outubro e outra a finais de novembro nas aulas CeMIT de 45 concellos das catro provincias.
Esta certificación acredita o nivel de competencia na utilización das tecnoloxías no eido  personal, social e profesional

Diario Oficial de Galicia publicou a primeira convocatoria de carácter libre para obter a certificación galega en competencias dixitais no nivel Iniciación (ComDix Iniciación). Son 2.461 as prazas dispoñibles para acceder a esta certificación do Marco Galego de Competencias Dixitais, que acredita os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional.

 

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia poñen á disposición das persoas interesadas en acceder á certificación contidos formativos en liña a través da plataforma de teleformación da Rede CeMIT, que poden empregar para adquirir os coñecimentos e habilidades definidas no Marco Galego de competencias dixitais. 

Inscrición

 

A inscrición poderá realizarse dende o día tres de setembro a través do portal da Rede CeMIT cos únicos requisitos de ser maior de 16 anos e usuario da Rede. No caso de que existan más solicitantes que prazas convocadas, terá lugar un sorteo para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada turno.

A convocatoria contempla dúas probas de avaliación independentes, que terán lugar  os días 23, 24 e 25 de outubro e o 20, 21 e 22 de novembro, con dous prazos de inscrición diferentes co  obxeto de facilitar que as persoas que non resulten seleccionadas na primera edición poidan inscribirse na seguinte convocatoria.

Os lugares, datas e horarios de cada unha destas edicións poden consultarse máis detalladamente na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), na que figura a calendarización das probas presenciais que se celebrarán en 45 concellos de Galicia.

Avaliación 

 

Para obter o ComDix Iniciación é preciso superar un cuestionario de 60-70 preguntas tipo test de diversa complexidade que inclúe a avaliación das 21 competencias establecidas na estructura do Marco Galego ComDix, considerándose aptas aquelas persoas que superen o 70% do total das preguntas e el 60% das preguntas referentes a cada unha das seguintes 5 áreas: información e datos; comunicación e colaboración; creación de contido dixital; seguridade y privacidade; e entorno dixital e solución de problemas.

Compartir