OBRADOIRO DE EMPREGO DO CONCELLO DA LARACHA IX
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia acaba de concederlle ao concello da Laracha unha subvención para levar a cabo un novo obradoiro dual de formación e emprego. Este novo obradoiro,vai ter unha duración de nove meses e consta de dúas especialidades:
- Traballos en carpintería e moble. Nivel 1
- Pintura industrial. Nivel 2
Desde o inicio da súa participación no obradoiro dual de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación en alternancia, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias correspondentes.
Requisitos para poder participar:
- Ter dezaoito ou máis anos de idade.
- Estar empadroado no termo municipal da Laracha.
- Poder realizar un contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado ao obradoiro mediante un contrato de tales características.
As persoas interesadas en participar, deben inscribirse no dito obradoiro:
-Acudindo á oficina de emprego
-A través da Oficina Virtual de Emprego (requírese dispoñer de clave de acceso)
Para consultar máis información poden contactar coa área de emprego do concello da Laracha (Edificio administrativo, 1º Andar. Teléfono: 981612811)