APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Apertura do prazo para a confección dunha lista interna de contratación da Consellería do Medio rural en caso de esgotamento das listas reguladas polo Decreto 37/2006, 2 de marzo. A devandita listaxe estará en vigor ate que se incorporen novas as persoas as listas elaboradas polo Decreto 37/2006, momento no cal estas listas quedarán sen validez.

Postos ofertados:
- Bombeiro/a Forestal Xefe de Brigada
- Bombeiro/a Forestal Condutor/a de Motobomba

Requisitos específicos:
Bombeiro/a Forestal Xefe de Brigada:

a) Posuír a titulación de Técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos, Técnico superior en xestión forestal e do medio natural, Técnico especialista en explotación forestal, rama agraria, Técnico especialista en aproveitamentos forestais e conservación da natureza, rama agraria, ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentar un documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
b) Carne de conducir B
c) Coñecemento do idioma galego que se acreditará mediante o Celga 4. Así mesmo poderase acreditar por calquera outro título equivalente ao anterior debidamente homologados polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.


Bombeiro/a Forestal Condutor/a Motobomba:

a) Posuír a titulación de graduado en ESO, graduado escolar ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentar un documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
b) Carne de conducir C
c) Coñecemento do idioma galego que se acreditará mediante o Celga 3. Así mesmo poderase acreditar por calquera outro título equivalente ao anterior debidamente homologados polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Bases e solicitude da convocatoria: https://mediorural.xunta.gal/es/recursos/anuncios

Interesados: Enviar a documentación que se solicita antes do día 02/07/2024 a través do modelo de solicitude xenérica PR004A na Sede electrónica da Xunta de Galicia ou nas Oficinas de Asistencia en materia de Rexistro

Lugar: Centros dependentes da Consellería do Medio Rural nas provincias de Pontevedra, A Coruña, Ourense e Lugo.

Prazo de solicitude: ata o 2 de xullo de 2024

Compartir