CONVOCATORIA SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE TURISMO
O Concello de A Laracha convoca proceso selectivo para 1 praza de Técnico/a de Turismo
Prazo:
No prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP
Características:
Posto/Grupo: técnico/a de cultura e turismo para execución do programa de “Dinamización e posta en valor dos recursos turísticos, patrimoniais e culturais do Concello da Laracha”.
Tipo de relación: funcionario/a interino/a, nivel A2
Titulación exixida: Grao ou diplomatura en Turismo ou equivalente homologado, Dobre grao en Ciencias Empresariais e Turismo, Grao ou licenciatura en Historia da Arte, Grao ou licenciatura en Humanidades, Grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio, Grao ou licenciatura en Historia.
Tamén se admitirá calquera outra diplomatura, licenciatura ou grao sempre que o aspirante posúa a maiores o título de Técnico/a superior en guía e asistencia turística ou equivalente, Técnico/a en Empresas e Actividades Turísticas ou equivalente.
Nivel de Celga requirido: IV
Xornada: 100%. Poderá ser a xornada partida, a quendas ou coincidir en domingo e festivos.
Retribución mensual bruta: SB (A2) 1.124,85 CD (nivel 18) 463,11 CE 466,98 SUBTOTAL/MES 2.054,94
Duración: tres anos, porrogable un ano.
Para máis información, pódense consultar as bases neste enlace
Tanto as bases como as novas relacionadas con este proceso selectivo poderán consultarse , na páxina web do concello (alaracha.gal, apartado últimos avisos) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica (https://sede.alaracha.gal/sxc/gl/informacion/)