AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DE PERMISO DE CONDUCIR DE PERSOAS XOVES DESEMPREGADAS

AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DE PERMISO DE CONDUCIR DE PERSOAS XOVES DESEMPREGADAS

A Xunta convoca as axudas para facilitar a obtención dos permisos de conducir B,C e D a persoas xoves sen emprego que residan en Galicia.

A cuantía das axudas dependerá do tipo de permiso:

Permiso de conducir  B (Automóviles): 400€

Permiso de conducir C (Camions): 650€

Permisode conducir D (Autobús): 1.300€

No caso de sacar máis dun permiso, poderá recibirse máis dunha axuda, xa que son acumulativas.

Persoas destinatarias e requisitos: Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano. b) Non estar traballando por conta propia nin allea.

c) Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

 Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día 24 de xaneiro e estará aberto ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.

Pódese consultar a  información completa desta convocatoria no seguinte enlace: Axudas permiso de  conducir xóvenes desempregados

Compartir