PROBA PARA A OBTENCIÓN DE BACHAREL PARA MAIORES DE VINTE ANOS

PROBA PARA A OBTENCIÓN DE BACHAREL PARA MAIORES DE VINTE ANOS

A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES publicou a RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

Finalidade da proba

A proba ten por finalidade verificar se se alcanzaron os obxectivos do bacharelato, establecidos no artigo 33 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, así como os fixados nos aspectos básicos do currículo recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Data e lugar de realización da proba

1. A proba realizarase en Santiago de Compostela o día 26 de abril de 2024 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

2. Cando o número de persoas matriculadas exceda a capacidade dos espazos dispoñibles para realizar a proba no IES San Clemente, a Dirección Xeral de Formación Profesional establecerá outro centro ou centros nos cales os aspirantes realizarán a proba.

Modalidades

1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes

1. Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

Ser maior de vinte anos ou cumprir esa idade no ano 2024.

Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2023/24.

2. O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria da proba e dos posibles resultados académicos obtidos nela. 

Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición

1. O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 15 ao 28 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou nun deles.

3. Debido á imposibilidade funcional para a presentación electrónica das solicitudes nos centros educativos, as solicitudes de inscrición (anexo I) deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados a continuación ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:

a) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

b) EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15003 A Coruña.

c) EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

d) EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

e) EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

f) EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º andar, 36202 Vigo.

Para consultar máis información sobre a convocatoria, pinchar no seguinte enlace: Proba obtención Bacharel maiores de 20 anos  2024

Compartir