PROGRAMAS DE COOPERACIÓN CON ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2023
Xa está dispoñible a relación de programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro aprobados neste 2023, para facilitar a experiencia e apráctica profesional, promovendo tamén a inserción laboral
A data máxima de contratación será o 10 de decembro de 2023.
Requisitos a cumprir polas persoas demandantes
As persoas que sexan contratadas para a realización dos servizos polos que se outorgue a subvención deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da selección e da contratación:
1. Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e que estean dispoñibles para o emprego.
2. Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, entre os anos 2019 e 2022, ámbolos dous inclusive.
3. Non ter sido contratadas pola entidade beneficiaria durante máis de tres meses, dentro dos últimos doce meses anteriores á data de contratación, ou non ter traballado para a entidade beneficiaria durante os dous meses anteriores á devandita data de contratación.
4. Tampouco poderán ser contratadas as persoas cónxuxes, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, das persoas que ocupen funcións directivas na entidade.
Ademáis, deberán cumprir, no seu caso, os requisitos formativos e de titulación establecidos polas entidades beneficiarias para cada ocupación que soliciten.
Forma de selección
As entidades beneficiarias poderán realizar a selección das persoas candidatas a través de selección directa, selección mixta ou mediante oferta de emprego tramitada na oficina de emprego que lle corresponda segundo a localización do/s seu/s centro/s de traballo.
Se cumpres os requisitos da convocatoria e, por suposto, os requiridos para o desempeño da ocupación de que se trate, poderás presentar a túa candidatura:
- Ante a entidade beneficiaria, a través dos datos de contacto que aparecen naquelas ocupacións nas que figura a lenda “selección directa” ou "selección mixta".
- Acudindo á túa oficina de emprego para informarte, naquelas ocupacións nas que figura a lenda “oficina de emprego” ou "selección mixta"
Pódese consultar a listaxe dos programas de cooperación das entidades sen ánimo de lucro que foron aprobados neste último ano, ordenados por orde alfabético das entidades beneficiarias , no seguinte enlace: Listado programas cooperacion 2023
Para consultar a resolución e ampliar información, pódese consultar o seguinte enlace: Programas cooperación 2023