CONVOCATORIA LOCAL DE EMPREGO: 3 PEÓNS FORESTAIS PROGRAMA APROL RURAL
Sistema selección:concurso-oposición.
Duración contrato:9 meses,a xornada completa
–REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Serán requisitos mínimos dos aspirantes a esta contratación:
Serán requisitos mínimos de tódolos aspirantes:
Ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de traballo.
* As persoas traballadoras que fosen contratados, por un período igual ou superior a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2022 pola Consellería de Emprego e Igualdade no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas, non poderán ser contratados con cargo ás axudas previstas nesta orde.
a) Ser español ou nacional doutro Estado, estes últimos, de acordo co disposto no artigo 57 do EBEP.
b) Ter cumpridos dezaseis (16) anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
c) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade para o exercicio de funcións públicas de conformidade coa Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas. Idénticos requisitos seralles esixido aos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea no seu caso.
e) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das correspondentes funcións.
f) Estar en posesión do Certificado de Estudos Primarios ou equivalente.
g) Segundo o artigo 51 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, para darlle cumprimento á normalización do idioma galego na administración pública, incluirase un exame de galego, agás para aqueles aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente, mediante a presentación do certificado Celga 1 ou Iniciación á lingua galega (Requisito que deberá acreditar coa presentación da copia do mesmo).
Os requisitos anteriores deberanse reunir con referencia ao último día do prazo de presentación de instancias, e manterse durante todo o proceso selectivo.
Pódese obter máis información no seguinte enlace: Bases programa Aprol
Tanto as bases coma os seguintes anuncios desta convocatoria poden ser consultados na páxina web do concello (www.alaracha.gal)