PROGRAMA "EU MERCO NA LARACHA"

PROGRAMA "EU MERCO NA LARACHA"

 

O concello da Laracha pon en marcha  o programa "Eu merco na Laracha",co obxectivo de impulsar a actividade comercial local

O obxectivo do programa é o fortalecemento dos sectores comercial, hostaleiro, taxis, cultural, educativo, salóns de peiteados e outros tratamentos de beleza municipais, a través dos Bonos “Eu merco na Laracha”.

A iniciativa consiste nunha campaña de bonos que se porán a disposición dos cidadáns para que poidan utilizalos nos establecementos adheridos.

O formato de presentación será unha chequeira por valor de 30 euros con 3 cheques “bonos” por valor de 10 euros cada un.

BENEFICIARIOS

Os beneficiarios e as beneficiarias dos bonos “Eu merco na Laracha” serán as persoas físicas maiores de idade, empadroadas na Laracha como data límite o día inmediatamente anterior ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia, e que se atopen ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

As solicitudes dos bonos “Eu merco na Laracha” por parte dos veciños que cumpran os requisitos deberán facerse entre os días 10 e 19 de maio (incluídos) mediante o formulario (anexo II) creado para este fin, a través da páxina web: www. eumerconalaracha.alaracha.gal ou de forma presencial na planta baixa do Edificio administrativo (sala 4)

ADHESIÓN DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS

Os establecementos e negocios que desexen adherirse ao programa de Bonos “Eu merco na Laracha”, deberán facelo mediante o formulario (anexo I) creado para este fin, a través da páxina web: www.eumerconalaracha.alaracha.gal ou de forma presencial na planta baixa do Edificio administrativo (sala 4)

Prazo: 19/05/2023

Pódense consultar as bases  da promoción no seguinte enlace: Bases Eu Merco na Laracha

Enlace da páxina Web da promoción: https://eumerconalaracha.alaracha.gal/

 

Compartir