LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA
A Dirección Xeral da Función Pública,publica a Resolución do 21 de febrerio de 2023, pola que se acorda o peche de determinadas listas, así como a apertura doutras para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino, correspondentes a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.
Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación, poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.
Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos.
Tanto o estado das listas (aberto ou pechado) para a incorporación de novas solicitudes no que se atope cada lista, como o procedemento a seguir para inscribirse nelas poden consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://funcionpublica.xunta.gal, no apartado de "Listas de contratación"
Pódese consultar máis información no seguinte enlace: Listas contratación temporal Xunta de Galicia
No seguinte enlace pódense consultar as listas abertas nesta convocatoria: Listas abertas Xunta de Galicia
Fonte: Xunta de Galicia.