CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Cultura, Educación , Formación Profesional e Universidades publicou a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

Modalidades

1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba e titular pola modalidade de Artes as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2023.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2022/23.

Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición

1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023.

2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou de un deles.

3. As solicitudes de inscrición deberán presentarse de xeito presencial en soporte papel, conforme o modelo que figura no anexo I da presente resolución, nos centros educativos sinalados no punto 4 desta epígrafe ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia.

Para ampliar información pódese consultar o seguinte enlace: Proba obtención Bacharel para maiores de 20 anos

 

Compartir