CONVOCATORIA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN PARA A OBTENCIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE.

CONVOCATORIA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN PARA A OBTENCIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE.

No DOGA do 10 de Xaneiro saiu publicada a convocatoria das probas de competencias clave.

O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

 Requisitos de participación

1. Poderán presentarse ás probas para a obtención do certificado de superación das competencias clave necesarias para o acceso á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade, tanto do nivel 2 como do nivel 3, as persoas que cumpran os dous seguintes requisitos:

a) Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos en 31 de decembro do ano natural en que se celebran as probas;

b) Non estar en posesión de ningún dos requisitos de acceso á formación dos certificados de profesionalidade establecidos no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro).

Presentación de solicitudes .

1. Para participar nestas probas deberá presentarse unha solicitude segundo o modelo do Anexo I da resolución. 

2. As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Emprego e Igualdade

(A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave).

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. As persoas interesadas con discapacidade recoñecida cun grao igual ou superior ao 33 %, no caso de solicitaren adaptacións, teñen que indicalo na solicitude de inscrición nos recadros do bloque de persoas con algunha discapacidade

 

Competencias clave que se convocan .

1. Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

– Comunicación en lingua galega.

– Comunicación en lingua castelá.

– Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

– Competencia matemática

 

Prazo de presentación 

11/01/2023 - 10/02/2023

Pódese ampliar información na seguinte:

LIGAZÓN

Pódese descargar o modelo de solicitude no seguinte enlace:

 

Formulario inscrición competencias clave

Compartir