PROGRAMA IMPACTO AUTÓNOMO
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as bases da convocatoria da primeira edición desta iniciativa, que conta cunha inversión de 30 millóns de euros e ofrece axudas directas ás persoas autónomas de entre 800 euros e 1.500 euros para minimizar o impacto da subida dos custos en materias primas e dos subministros como os enerxéticos, que están afectando e condicionar a actividade económica das persoas traballadoras por conta propia e microempresas.
Impacto autónomo pretende, en definitiva, axudar de forma específica ás persoas traballadoras por conta propia a paliar o custo da vida
Os beneficiarios das novas axudas serán as personas autónomas dadas de alta no l Réxime Especial de Traballadores Autónomos (Reta) ou Réxime do Mar, incluidas as personas autónomas societarias e microempresas de ata 10 persoas traballadoras, e os mutualistas.As bases sinalan que será obriga contar con domicilio social en Galicia e ter uns rendmentos netos mínimos de 10.000 euros e máximos de 30.000 euros no último exercicio económico cerrado (año 2021).
Para o caso dos autónomos societarios, ademáis de cumplir co requisito de ter rendementos netos da actividade económica ou de traballo a nivel individual, a facturación da sociedade deberá ter un mínimo de 50.000 euros e non poderá superar os 750.000 euros. Tamén poderán ser persoas beneficiarias os traballadores por conta propia de temporada que estean de alta no momento da presentación da solicitude de axudas, e que teñan estado de alta un mínimo de catro meses e un máximo de nove meses nos anos 2021 e 2022.
A cuantía dos apoios establecerase en función dos rendementos netos e conforme á escala publicada . Para as personas autónomas de temporada, os importes reduciranse á metade. É preciso indicar que estas axudas son compatibles con calquera outro tipo de apoio da Xunta que impulsen o emprego autónomo. Para aquelas actividades que se desenvolvan en establecementos fixos abertos ao público, o negocio deberá estar aberto ao público durante os seis meses posteriores á publicación da orde de axudas.
Os 30 millóns de euros de inversión neste programa son adicionais aos 33 millóns de euros de orzamento xa consolidado para este colectivo nos orzamentos da Xunta de 2023 para seguir apoiando a estos profesionais.
Pódese consultar máis información sobre esta axuda no seguinte enlace: