PREPARACIÓN PARA A OBTENCIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE A TRAVÉS DO CAMPUS VIRTUAL DE EMPREGO
COMPETENCIAS CLAVE PARA OS CERTIFICADOS
Os certificados de profesionalidade supoñen unha ferramenta cada vez máis importante para a mellora da empregabilidade das persoas traballadoras que os posúen.
A norma que regula cada certificado de profesionalidade determina as condicións de acceso nas que os módulos formativos poderán ser ofertados nas distintas modalidades, en función da natureza dos contidos e dos colectivos destinatarios.
En base a isto, as persoas que accedan ás accións de formación dos certificados de profesionalidade de nivel 1 de cualificación non se lles esixirán requisitos académicos nin profesionais. Sen embargo, ao alumnado que acceda ás accións de formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación se lles esixirá certas competencias que poderanse demostrar polas seguintes vías:
-
Que pusúan determinados niveis formativos.
-
Que teñan superados os cursos específicos de competencias clave que se ofertan periodicamente.
-
Que teñan superadas as probas de competencias clave.
Por iso, co obxectivo de facilitar o acceso á formación ao emprego das persoas traballadoras que carecen da ESO ou do bacharelato, a Xunta de Galicia convoca desde o ano 2008 e con periodicidade mínima anual, as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
Para poder prepararse, ao teu ritmo en modo de autoformación, de cara a superar as probas libres de competencias clave que convoca anualmente a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, tes a túa disposición no Campus Virtual de Emprego os oito cursos relacionados cos niveis 2 e 3 das competencias clave.
A realización desta formación non conduce á obtención da competencia clave correspondente! Para iso terás que superar o exame oficial da convocatoria correspondente.
Esta formación en liña é unha canle de apoio e axuda para procurar a mellor preparación posible de cara ás probas libres.
Para poder acceder ó campus virtual , pódese entrar a través do seguinte enlace:
Tamén se pode consultar información relacionada nos seguintes enlaces:
Manual informativo para acceder ó Campus
Manual de navegación nos cursos de Competencias clave
Información sobre as competencias claves no Campus Virtual
Para qFFFue poidas prepararte, ao teu ritmo en modo de autoformación, de cara a superar as probas libres de competencias clave que convoca anualmente a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, tes a túa disposición no Campus Virtual de Emprego os oito cursos relacionados cos niveis 2 e 3 das competencias clave.
Ten en conta que a realización desta formación non conduce á obtención da competencia clave correspondente! Para iso terás que superar o exame oficial da convocatoria correspondente.
Esta formación en liña é unha canle de apoio e axuda para procurar a mellor preparación posible de cara ás probas libres. Aproveita estes contidos!
Para que poidas prepararte, ao teu ritmo en modo de autoformación, de cara a superar as probas libres de competencias clave que convoca anualmente a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, tes a túa disposición no Campus Virtual de Emprego os oito cursos relacionados cos niveis 2 e 3 das competencias clave.
Ten en conta que a realización desta formación non conduce á obtención da competencia clave correspondente! Para iso terás que superar o exame oficial da convocatoria correspondente.
Esta formación en liña é unha canle de apoio e axuda para procurar a mellor preparación posible de cara ás probas libres. Aproveita estes contidos!