PROGRAMAS DE COOPERACIÓN CON ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2022

PROGRAMAS DE COOPERACIÓN CON ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2022

Xa está dispoñible a relación de programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro aprobados neste 2022, para facilitar a experiencia e apráctica profesional, promovendo tamén a inserción laboral

A data máxima de contratación será o 10 de decembro de 2022.

Requisitos a cumprir polas persoas demandantes

As persoas que sexan contratadas para a realización dos servizos polos que se outorgue a subvención deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da selección e da contratación:

1. Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e que estean dispoñibles para o emprego.

2. Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, entre os anos 2018 e 2021, ámbolos dous inclusive.

3. Non ter sico contratadas pola entidade beneficiaria durante máis de tres meses, dentro dos últimos doce meses anteriores á data de contratación, ou non ter traballado para a entidade beneficiaria durante os dous meses anteriores á devandita data de contratación.

4. Tampouco poderán ser contratadas as persoas cónxuxes, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, das persoas que ocupen funcións directivas na entidade.

Ademáis, deberán cumprir, no seu caso, os requisitos formativos e de titulación establecidos polas entidades beneficiarias para cada ocupación que soliciten.

Forma de selección

As entidades beneficiarias poderán realizar a selección das persoas candidatas a través de selección directa, selección mixta ou mediante oferta de emprego tramitada na oficina de emprego que lle corresponda segundo a localización do/s seu/s centro/s de traballo.

Se cumpres os requisitos da convocatoria e, por suposto, os requiridos para o desempeño da ocupación de que se trate, poderás presentar a túa candidatura:

  • Ante a entidade beneficiaria, a través dos datos de contacto que aparecen naquelas ocupacións nas que figura a lenda “selección directa” ou "selección mixta".
  • Acudindo á túa oficina de emprego para informarte, naquelas ocupacións nas que figura a lenda “oficina de emprego” ou "selección mixta"

Pódese  consultar a listaxe dos programas de cooperación das entidades sen ánimo de lucro que foron aprobados neste último ano, ordenados por orde alfabético das entidades beneficiarias , no seguinte enlace:  Listado programas cooperacion 2022

Compartir