DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA OBTENCIÓN DO CELGA
Datas de realización das probas
- Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
19 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
20 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S.
– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
26 de novembro de 2022, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
27 de novembro de 2022, para todas as persoas admitidas.
Lugares de realización das probas
Santiago de Compostela:
IES Antonio Fraguas
Rúa Londres, 10
15707 Santiago de Compostela
Ponferrada:
EOI de Ponferrada
Río Burbia, s/n
24400 Ponferrada
IMPORTANTE:Uns días antes da realización da proba, publicarase na web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponde a cada persoa.
Para máis información sobre esta convocatoria , pódese consultar este enlace