EVENTO GASTRONÓMICO " DESTAPA A LARACHA"
O Concello da Laracha, a través da súa Concellería de Promoción Económica, pon en marcha unha campaña de promoción e apoio ao sector hostaleiro do Concello, mediante o evento gastronómico: concurso de tapas e pinchos 2022 “ DESTAPA A LARACHA”.
Mediante este evento gastronómico, o Concello pretende apoiar ao tecido empresarial, neste caso ao sector hostaleiro, dinamizando actuacións de participación cidadán xunto có sector hostaleiro, promocionando aos establecementos hostaleiros dando a coñecer a súa cociña e os seus servizos.
O evento (concurso de tapas) queda aberto de maneira gratuíta a todos os establecementos hostaleiros do termo municipal da Laracha, que se inscriban e acepten as bases do certame dende o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e con data límite o 25 de outubro, independentemente da súa cualificación ou categoría: taberna, bar, cafetería, mesón, café-bar, restaurante, despacho-degustación que queiran destacar e dar a coñecer a súa cociña.
PRAZO DE INSCRIPCIÓN:
O prazo de inscrición: Do 12 ó 25 de outubro (ambos incluidos) ,podendo facerse a través do formulario habilitado na páxina web do evento: www.destapaalaracha.com,ou persoalmente no Edificio Administrativo.
PRAZO DE CELEBRACIÓN
A celebración do evento gastronómico será entre o venres 4 de novembro e o domingo 27 de novembro de 2022. Posteriormente se celebrará un evento único de peche de celebración (data por determinar) onde se fará entrega de premios.
Pódese consultar máis información no seguinte enlace:Bases Concurso "Destapa a Laracha"