LISTAS SEAGA: APERTURA DO PRAZO DE ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS E /OU INCORPORACIÓN DE NOVOS/AS CANDIDATOS/AS .

LISTAS SEAGA: APERTURA DO PRAZO DE ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS E /OU INCORPORACIÓN DE NOVOS/AS CANDIDATOS/AS .

Seaga é unha sociedade mercantil pública autonómica, a cal actúa en consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia, atendendo a diversas actuacións, tales como obras, traballos e prestación de servizos en materias agrícolas, gandeiras, forestais,acuícolas,pesqueiras,marisqueiras,de desenvolvemento rural, de conservación e protección do medio natural e ambiental

A Dirección Xerencia de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos candidatos a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga). A información relativa a este anuncio está exposta na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Compartir