FEIRA DO EMPREGO E DA FORMACIÓN DO POLÍGONO DE CARBALLO
O 28 de setembro celebrarase no Centro Social de Bértoa a primeira edición da Feira do Emprego e a Formación do Polígono de Carballo, patrocinada polo Concello. O evento desenvolverase en horario de mañá e tarde, de 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00. O acceso é libre e non require inscrición previa.
A feira constará de dous espazos:
- Unha área expositiva onde os centros de formación profesional da zona contarán cun espazo para dar a coñecer a súa oferta formativa e distintas empresas do polígono terán os seus stands para recibir currículos e explicar a súa política de contratación e os procesos de selección que teña abertos.
- No salón de actos celébrase un intenso programa de actividades (mesas redondas/paneis/conferencias) nas que se tratarán aspectos como a xestión do talento, axudas á contratación, certificados de profesionalidade, etc.
- Pódese consultar o programa de actividades e a relación de expositores no seguinte enlace: Feira emprego polígono Carballo