CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA) NIVEIS 1,2,3,4.

CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA) NIVEIS 1,2,3,4.

No DOGA  do  14 de febreiro saiu publicada a convocatoria dos cursos gratuitos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (CELGA) NIVEIS 1,2,3,4.

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia (dende o 15 de febreiro ó 7 de marzo de 2022)

 

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ó correo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición.

A selección de admitidos farase mediante sorteo que terá lugar en acto público o 14 de marzo de 2022 ás 12:00 horas no salón de actos do Pazo de San Roque. 

 

Os cursos, presenciais e en liña, realizaranse entre o 21 de marzo e o 12 de maio de 2022. 

Pode consultar a orde da convocatoria no seguinte ENLACE

 

Compartir