PROXECTO PEL EMPREGO SUSTENTABLE NO ÁMBITO RURAL: COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E NIVEL 3

PROXECTO PEL EMPREGO SUSTENTABLE NO ÁMBITO RURAL: COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E NIVEL 3

Dende  o 17 de Xaneiro ata o 25 de febreiro  de 2022 está aberto o prazo para a inscrición no Proxecto de formación da Deputación de A Coruña, dirixido a persoas desempregadas.

Poden participar  persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou  formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que  amosen algunha das seguintes situacións:

Ter cumpridos os 16 anos de idade.

Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior

a 50.000 habitantes)

Habitar en zonas consideradas rurais.

Pertencer a algún dos seguintes colectivos:

Persoas desempregadas de longa duración (PLD): en situación de desemprego durante mais de 6 meses continuos si son persoas menores de 25 anos ou durante mais de 12 meses continuos si teñen unha idade igual ou superior a 25 anos.

Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de

Emprego Xuvenil (POEJ).

Persoas maiores de 55 anos.

Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle

impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.

Persoas inmigrantes.

Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.

Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.

Reservas de prazas para mulleres:

Competencias clave de nivel 2: 21 mulleres en cada unha das 2 edicións

Competencias clave de nivel 3: 20 mulleres.

COMO E ONDE FACER O PROCESO

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Prazo de presentación: do día 17 de Xaneiro, ás 14:00H do 25 de Febreiro 2022.

DOCUMENTACIÓN

Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado

Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).

Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.

No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil

Certificado ou Volante de empadroamento.

Documento acreditativo ou informe emitido polos  servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.

Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.), cando corresponda.

Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego, cando corresponda.

Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente, cando corresponda.

 AXUDA ECONÓMICA ÁS PERSOAS PARTICIPANTES 

As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego sustentable no ámbito rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración.

No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa  económica.

Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a Deputación da Coruña , aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.

Inscrición e presentación de solicitudes: todas as persoas interesadas en participar poden entregar a documentación esixida nos prazos establecidos en calquera das 3 vías habilitadas:

1. Tramitación online na sede electrónica do concello no que estean empadroadas, no acceso habilitado como PEL_Emprego Sustentable.

2. Descarga do formulario dende a sede electrónica e achega, xunto coa documentación requirida, no rexistro do concello no que estean empadroadas.

3. Dirixirse ao persoal técnico dos servizos de emprego e desenvolvemento local, e ou orientación do concello onde estean empadroadas.

Para máis información,  pódese consultar a seguinte ligazón ou chamar ao Servizo de Orientación do Concello de Laracha.(Edificio Administrativo,1º planta .Teléf: 981612811)

Compartir