AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASES B E C

AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASES B E C

A axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C.

 O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos.

 

Requisitos

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

 

Se desexa ampliar información pode consultar a orde na seguinte

Ligazón

 

Fonte : Xunta de Galicia

Compartir