PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING

PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING

 

O programa Xuventude Mentoring é un programa pioneiro de formación e mentoría impulsado dende a Xunta de Galicia co obxectivo de favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional (menores de 30 anos inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil).

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias, desde a educación non formal, para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea. As persoas mozas participantes contarán co contacto dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que lles ofrecerán asesoramento e apoio.

 

Este novo programa pretende:

• Facilitarlles ás persoas novas tituladas un programa integral de formación e mentoring, da man de persoas expertas, empresarios/as e profesionais con experiencia, co obxectivo de apoiar e optimizar a súa procura de emprego.

• Aumentar a empregabilidade da mocidade, dotándoa de competencias e habilidades actualmente imprescindibles para a súa inserción no mercado laboral: fluidez tecnolóxica, intelixencia social, espírito de innovación, creatividade, habilidades comunicativas...

• Amosarlle ás empresas e profesionais da comunidade autónoma as capacidades e talento das persoas mozas, así como integrar a participación no programa de mentoring como unha boa práctica no ámbito da responsabilidade social empresarial

 

¿QUEN O ORGANIZA?

Este é un proxecto de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Consorcio Interuniversitario (CIXUG), integrado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.

 

¿QUE OFRECE O PROGRAMA?

Xuventude Mentoring é un programa integral con 4 grandes bloques de accións que se desenvolverán entre setembro e decembro de 2021:

I. Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora.

Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.

II. Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o futuro desenvolvemento profesional da persoa moza.

III. Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).

IV. Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

 

Para máis información prema no seguinte

ENLACE

 

Fonte: Xunta de Galicia

Compartir