PROBAS PARA OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS

PROBAS PARA OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ENSEÑANZA SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS

 

Do 1 de xullo e ata o día 8 están aberto o prazo de solicitude de inscripción para as probas libres para obtención do título de enseñanza secundaria obrigatorita para maiores de dezaoito anos

Condicións das persoas aspirantes.

 

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

 

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2020/21 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2020/21 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 

Realización das probas .

 

1. As probas constarán de tres partes, correspondentes aos tres ámbitos en que se organizan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria para as persoas adultas

2. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde o día 10 de setembro de 2021 para as respectivas convocatorias.

 

3. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.

 

Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.

Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

a) Lingua galega e literatura.

a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.

a.2) Cuestións de Lingua galega e literatura.

b) Lingua castelá e literatura.

b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua galega e literatura.

b.2) Cuestións de Lingua castelá e literatura.

c) Lingua estranxeira (inglés ou francés).

Para máis información prema no seguinte 

enlace

 

 

Fonte Xunta de Galicia

Compartir