NOVA CONVOCATORIA DO CURSO PARA OBTENCIÓN CODIX

NOVA CONVOCATORIA DO CURSO PARA OBTENCIÓN CODIX

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) acaba de publicar no DOGA  de 2 de xuño  a apertura do prazo de inscrición no curso preparatorio de teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.

O prazo de inscrición: ata 9 de xuño 2021

A preinscrición neste curso e demais trámites relacionados co mesmo se realizarán exclusivamente a través de internet, por medio dun enlace que figurará nesta páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal)

Destinatarios: persoas maiores de 16 anos

Nº de prazas : 180

Datas de realización: do 1 de setembro a 21 de novembro 2021

 

Fonte : Cemit/xunta

 

 

 

Compartir