CODIX: CONVOCATORIA PROBAS AVIALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE

CODIX: CONVOCATORIA PROBAS AVIALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abrirá o venres 26 de marzo o prazo de inscrición nas probas libres de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria do Diario Oficial de Galicia e que saiu publicada  hoxe 25 de marzo,  con 410 prazas en diversas localidades de Galicia

 

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios (cursos, academias, autoformación, etc), xa posúe os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

 

A inscrición poderá realizarase por internet a través dunha nova publicada na nosa web (https://cemit.xunta.gal)  a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o  venres 26 de marzo ata o sábado 03 de abril inclusive, sendo necesario estar dado de alta como usuario/a da rede CeMIT para formalizar á mesma.

 

Para máis información pode consultar na seguinte

Ligazón

Fonte Xunta de Galicia/Cemit

Compartir