INSCRICIÓN PARA A PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE VINTE ANOS

INSCRICIÓN PARA A PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE VINTE ANOS

 

No DOGA DE 24 DE FEBREIRO PUBLICANSE AS BASES DE INSCRIPCIÓN PARA A PROBA DE OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL OPARA MAIORES DE 20 ANOS

Obxecto

convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2021 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento administrativo ED534A) e determinar as condicións en que se realizará.

Realización da proba .

A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 23 de abril de 2021 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

A quen vai dirixido?

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21

 

Prazo

O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021

Fonte: Xunta de Galicia

Compartir