AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA PARA AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS

AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA PARA AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da liña xenérica de axudas -a dirixida a persoas traballadoras autónomas e microempresas- DO 2º PLAN DE RESCATE co que a Xunta quere acompañar aos empresarios nesta nova fase da pandemia. A orde de axudas dirixida especificamente aos establecementos hostaleiros e outros negocios pechados polas medidas sanitarias desde xaneiro -como ximnasios ou parques infantís

 

Todas as axudas do segundo Plan de Rescate son complementarias e acumulables ata un máximo de 15.700 euros por negocio, e compatibles cos importes recibidos no primeiro plan.

As persoas traballadoras autónomas e microempresas poderán solicitar os apoios desde mañá, e durante o prazo dun mes. Para acceder ás axudas deberán acreditar baixadas de facturación en 2020 de polo menos o 45% fronte aos datos de 2019.

 

Autónomos

Para os autónomos establécese unha escala que vai dos 1.200 aos 3.000 euros de axuda directa. As contías serán máis elevadas para os empresarios que teñan máis caídas na facturación. Así, establécese un baremo a partir de 1.200 euros para baixas na facturación de entre o 45% e 60%; 2.000 euros (entre o 60% e o 70%) e de 3.000 euros nos casos máis graves (caída do 70% ou máis).

 

Microempresas

Para microempresas e persoas traballadoras autónomas con persoal ao seu cargo, os apoios irán dos 4.000 aos 9.000 euros. Tamén neste caso adáptanse as contías en función das perdas: 4.000 euros (de -45% a -60%), 5.000 euros (entre -60% e -70%) e 6.000 euros (-70% ou máis). Estas cantidades incrementaranse de acordo co número de persoas traballadoras ao cargo, percibindo os empresarios 1.000 euros a maiores se contan de 4 a 9 empregados; 2.000 euros máis en negocios entre 10 e 20 empregados; e 3.000 euros con cadros de persoal de 21 a 25 persoas.

 

Novidades

Como novidade, o Goberno galego, por mor da situación económica da covid-19, permitirá que poidan acceder ás axudas as empresarias e empresarios que teñan contraído pequenas débedas coas administracións públicas (tributarias ou coa Seguridade Social). Nestes casos, a débeda non poderá superar o 80% da axuda a percibir e as persoas beneficiarias deben comprometerse a saldalas e comunicalo no prazo de quince días. Os empresarios que estean ao corrente, percibirán a totalidade da axuda nun único pago.

 

Dúbidas

A Xunta, ademais, para resolver calquera dúbida sobre este programa de axudas e outros plans da Consellería de Emprego e Igualdade ten activa a aplicación móbil (app) Gohu, a liña de teléfono 900 815 600 e a conta de correo electrónico hola@gohu.es para informar en todo momento das novidades. A App pódese descargar para teléfonos con iOS na ligazón https://apps.apple.com/es/app/gohu/id1458130660 e para Android en https://play.google.com/store/apps/details?id=com.nedaware.postall. Ambas as dúas ligazóns están dispoñibles na páxina web: www.gohu.es.

Tamén pode ampliar información consultando o seguinte 

ENLACE

Infografía e fonte: Xunta de Galicia

Compartir