A Amtega convoca máis de 300 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Amtega convoca máis de 300 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca un total de 342 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada   no Diario Oficial de Galicia o 14/10720, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

O prazo de inscrición para estas probas comeza mañá e remata o mércores 21 de outubro e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.

As probas presenciais celebraranse os días 11, 12 e 13 de novembro en diversas quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 37 concellos, que suman un total de 342 prazas dispoñibles:

Abegondo, Ames, Betanzos, Boiro, Brión, A Coruña, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Porto do Son, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña; Barreiros, Carballedo, Guitiríz, Lugo, Ribadeo e O Vicedo na provincia de Lugo; Bande, O Barco, Castro Caldelas, Celanova e Leiro na provincia de Ourense; e A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Tomiño, Valga e Vigo

Para máis información pode consultar os seguintes enlaces

Nota prensa Xunta de Galicia

DOGA

 

Fonte: Xunta de Galicia

Compartir