AXUDAS PARA O COMERCIO

AXUDAS PARA O COMERCIO

A Xunta de Galicia publica no DOGA de 19/06/2020 as bases de axudas aos proxectos de comercios ao retallo galegos para contribuir á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor.

TRAMITACIÓN

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos.

PRAZO DE SOLICITUDE

Remata o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito

Pode consultar a ficha resumo destas axudas no seguinte

ENLACE

Infografía e fonte: Xunta de Galicia- IGAPE

Compartir