Actualidade

OBTENCIÓN DAS HABILITACIÓNS DE PERSOAL COIDADOR/A, XEROCULTOR/A, AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR E ASISTENTE/A PERSOAL.

REQUISITOS (entre outros):
- EXPERIENCIA: a lo menos 3 anos traballados, cun mínimo de 2.000 horas na categoría correspondente (a que se pretende acreditar) nos últimos 12 anos.
- FORMACIÓN: (No suposto de non acadar a experiencia mínima anterior) ter acreditada a data 31/12/2017 formación relacionada coas competencias que se pretenden acreditar nun mínimo de 300 horas nos últimos 12 anos.

PRAZO: o prazo de acreditación permanecerá aberto ata o 31/07/2022.

SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL 2019.

O salario mínimo interprofesional (S.M.I.) para o ano 2019 queda fixado en 30 euros/día ou 900 euros/mes, dependendo de si o salario está fixado por días ou por meses, para calquera actividade na agricultura, na industria e nos servizos, sen distinción de sexo nin idade das persoas traballadoras.  

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO "IMPULSA EMPREGO A LARACHA"

O programa integrado de emprego "IMPULSA EMPREGO A LARACHA" está orientado a mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas desempregadas a través de cinco ITINERARIOS FORMATIVOS: - Itinerario: Almacéns e loxística. - Itinerario: Produción, fabricación e montaxe en cadea. - Itinerario: Administración e servizos. - Itinerario: Contabilidade e fiscalidade. - Itinerario: Novas tecnoloxías.