Actualidade

COMPETENCIAS CLAVE - CONVOCATORIA 2019

Publicada hoxe (04/03/2019) a convocatoria de probas de avaliación en COMPETENCIAS CLAVE para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

PRAZO de presentación de solicitudes remata o 29 de MARZO de 2019.

 

As probas dos 2 nivéis terán lugar o 25 de MAIO de 2019.

Recoméndase presentar a solicitude canto antes, xa que de presentarse máis xente das prazas que haxa, as últimas solicitudes quedarán fora.

As persoas interesadas en presentar a solicitude poden facelo das seguintes formas:

- Con CHAVE a través do seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos 

- Acudir ao Dpto. de Orientación Laboral do Concello da Laracha (1º Andar do Edificio Administrativo) e cubrir a folla de solicitude que será presentada dende o rexistro do Concello da Laracha.

- Cubrir a folla de solicitude que se adxunta no presente correo e presentala no Rexistro de calquera concello, Xunta de Galicia, Delegación e Subdelegación do Goberno ou por Correos co selo de rexistro antes de cerrar o sobre.