PROBAS CELGA 1,2,3 E 4
PROGRAMA FORMATIVO EMPODERAMENTO E LIDERADO FEMININO
A Fundación Galega da Formación para o Traballo organiza, do 9 de marzo ó 19 de abril, o Programa formativo de empoderamento e liderado feminino.
Dito programa está composto por obradoiros, masterclass, grupos de traballo, sesión de networking e grupos de acción para abordar as novas perspectivas do mercado laboral, coñecer novos enfoques de emprego e autoemprego. Tomar conciencia das tendencias nos sectores emerxentes.
Información do programa https://fpgft.gal/gl/lideradofeminino
LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL XUNTA GALICIA
A Xunta abre mañá o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da administración galega.
Estarán abertas un total de 36 listas: 27 afectan a persoal funcionario e 9 a persoal laboral.
PRAZO: Dende o 1 de marzo ata o 30 de abril, ambos incluidos.
INSCRIPCIÓN PARA A PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS.
No DOGA do 25 de Febreiro publícanse as bases de inscripción para a proba de obtención do título de Bacharel para persoas maiores de 20 anos.
Prazo: 7-16 de marzo de 2022