PROGRAMA GALICIA EMPREGA
Iníciase o Programa Integrado de Emprego da Laracha para o 2019/2020
CONVOCATORIA DE AXUDAS DO PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.
b) Ter a empresa unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na última declaración realizada.
c) Ter a empresa unha base impoñible no imposto de sociedades da última declaración realizada inferior a 30.000 euros. No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF.
PERSOAS EXCLUIDAS:
a) Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea.
b) As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas nalgunha das dúas anteriores convocatorias.
CONTÍA DAS AXUDAS: 80% do gasto subvencionable co límite de 3.000€ (ver texto completo da convocatoria)
PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 02 de agosto de 2019.
CONVOCATORIA DE AXUDAS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA E/OU FORMACIÓN DE MULLERES DESEMPREGADAS - PROGRAMA "EMPREGA MULLER"
CONVOCATORIA DE AXUDAS A NOVAS/OS EMPRENDEDORAS/ES.
PROXECTOS OBXECTO DE APOIO:
1. Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.
2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben que, aínda desempeñando unha actividade económica por conta propia no momento da solicitude de axuda, tanto a alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) coma o alta censual non superen os 42 meses na data de presentación da solicitude de axuda. Os autónomos societarios non teñen a condición de novo emprendedor.
3. Considérase nova peme, para os efectos destas bases, aquela en que tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.
4. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade. c) Os custos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia. O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 15 de xuño de 2021. PRAZO DE SOLICITUDE: - Para as partidas orzamentarias 2019.1, ata o 27/06/2019. - Para as partidas orzamentarias 2019.2, ata o 18/10/2019.